14 Dec Como elixir o anel perfecto segundo os teus dedos?
Se tes os dedos longos estás de sorte xa que calquera tipo de anel che senterá fenomenal. Algunha idea: aneis grandes, aneis con pedras preciosas, perlas ou incluso aqueles que teñen figuras. Iso si, evita os aneis con formas redondas ou alargadas en exceso se o que queres é disimular a lonxitude dos teus dedos.
Se tes os dedos curtos, aplica a regla contraria: aneis con deseño alongado e vertical serán perfectos para ti.
Unha vez tes escollido o anel perfecto para ti ou para a persoa destinataria, o último e máis importante para coñecer a talla é acudir ao profesional máis próximo para que poda asesorarte dunha maneira personalizada. Se se trata dun anel para agasallo, podes medir o diámetro interno doutro anel que utilice habitualmente para poder consultar coa xoiaría.
Sabes que en todas as nosas xoiarías podes atopar moitísimas opcións? Atopa a túa xoiaría máis próxima no noso mapa de xoiarías galegas.
X atemos en marcha o noso sorteo de Nadal e unha peza de xoiaría pode ser túa. Participa para ter un Nadal brillante!
Sorry, the comment form is closed at this time.