Os colares e os seus colgantes son unha xoia perfecta para regalar ou regalarse. E é que é un complemento ideal para calquera situación, xa que encaixa con calquera estilo, podendo incluso transformar totalmente un look, pasando de casual a elegante e viceversa. Se estás pensando en agasallarte unha xoia, pensa nas posibilidades que ofrecen os colares e as cadeas.
As pulseiras son dos regalos menos típicos que se adoitan facer, é algo moito máis persoal e a persoa que o agasalla ten que coñecer moito á persoa destinataria, xa que son xoias cun encanto especial. Existen varios tipos de pulseiras pero ímosvos falar de tres principais que poderedes atopar nas nosas xoiarías e dentro de cada tipo varios estilos con detalles que vos sorprenderán.