Colexio Oficial de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia | Pulseiras
304
page-template-default,page,page-id-304,cookies-not-set,ajax_updown_fade,page_not_loaded,,qode_grid_1300,footer_responsive_adv,hide_top_bar_on_mobile_header,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.0,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.4,vc_responsive

Pulseiras

As pulseiras son dos regalos menos típicos que se adoitan facer, é algo moito máis persoal e a persoa que o agasalla ten que coñecer moito á persoa destinataria, xa que son xoias cun encanto especial.

Existen varios tipos de pulseiras pero ímosvos falar de tres principais que poderedes atopar nas nosas xoiarías e dentro de cada tipo varios estilos con detalles que vos sorprenderán.

Tipos de pulseiras

Pulseiras para muller

Pulseira de cordón

Estas pulseiras son perfectas para aquelas persoas máis creativas, que habitualmente leven looks informais e desenfadados. Perfectas como detalle para esa persoa coa que queres dicirlle que te lembras dela.

Escravas para muller

Son ideais para reafirmar un compromiso de lealdade coa persoa que o recibe como agasallo, ou para inicialo 😉

Pulseira de cadea

Tenden a ser clásicas e discretas, son perfectas para un regalo con certo significado.

Pulseira de deseño

Perfectas para cualquera situación ou condición. Son atractivas e hainas para todos os gustos e estilos, polo que sempre acertarás.

Pulseiras para home

Pulseiras para home

Co paso dos anos están cada vez máis de moda. Teñen un amplo abanico onde escoller e son unha aposta fresca e novidosa. Atréveste?

Escravas para home

Todo un clásico e con idéntico simbolismo que o que ten o da súa parella. Podes atopar desde as máis clásicas ata grandes apostas minimalistas.

Pulseiras para bebés e pulseiras para nenas e nenos

Se queres ter un detalle que perdure no tempo na cativada da casa unha pulseira é ideal xa que sempre a levarán posta. Se ademais a gravas cunha frase ou unha data, teráa como recordó durante moitos anos.

Que pulseira escoller?

Aquí non hai tanto que analizar coo no caso doutras xoias como os aneis ou os pendentes. Neste caso a personalidade daquel ou aquela que vaia recibir o agasallo é a cuestión fundamental a ter en conta. Os seus gustos e forma de vestir axudaranche para que a elección sexa acertada. Só tes que poñer ganas e observar.

Sabes que en todas as nosas  xoiarías podes atopar moitísimas opcións? Atopa a túa xoiaría máis próxima no noso mapa de xoiarías galegas.

X atemos en marcha o noso sorteo de Nadal e unha peza de xoiaría pode ser túa. Participa para ter un Nadal brillante!