Colexio Oficial de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia | Pendentes
288
page-template-default,page,page-id-288,cookies-not-set,ajax_updown_fade,page_not_loaded,,qode_grid_1300,footer_responsive_adv,hide_top_bar_on_mobile_header,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.0,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.4,vc_responsive

Pendentes

Xa sexa para un look de diario, para ir á oficina ou para dar o toque final aos teus outfits nestas festas de Nadal, os pendentes darán ese toque perfecto para estar espectacular. O Nadal é unha época para lucir máis que nunca e as xoiarías galegas sábeno ben.

E é que estes pequenos complementos da xoiaría son inseparables a calquera estilo, xa sexa porque busques a comodidade nas túas orellas, adores as últimas tendencias en xoiaría, ou se o que che gusta é marcar a diferenza con un toque radicalmente máis brillante. Sexas como sexas, hai uns pendentes para ti e serán os encargados de realzaar o teu vestiario, o teu peiteado e por suposto, o teu estilo.

Como escoller os pendentes axeitados para min?

Ser ti mesma é algo moi importante para ter un estilo rompedor. Debemos saber que tipo de pendentes nos encaixan mellor en base ao noso rostro e o noso físico pero, como elixir os pendentes perfectos?

Tranquila, desde o COXGA compartimos contigo algúns trucos para saber elixir os pendentes que mellor se adaptan a ti. A clave principal para escoller os pendentes perfectos? Ten en conta sempre a roupa, o peiteado, a forma do rostro e a situación na que os vas levar.

coxga2018--IMG PENDIENTES 01

3 tips para elixir os pendentes segundo a roupa

A roupa inflúe moito no tipo de pendentes que debes escoller para realzar un look. Iso si, recomendámosche que cando vaias comprar uns pendentes para alguén te deixes levar polo estilo da persoa que os vaia poñer. É dicir, se á persoa lle gusta un estilo rockeiro que non se che ocorra comprarlle uns pendentes de perlas!

  1. Colos en V ou escote: podes decantarte polos pendentes longos e finos.
  2. Escotes grandes: ideais para levar eses pendentes vistosos e grandes.
  3. Ausencia de escote na túa prenda: pendentes curtos e pegados á túa orella.

Que pendentes utilizar segundo a forma do rostro

Unha das cousas que máis deberíamos ter en conta para elixir os pendentes é a forma do rostro. Para isto, mírate no espello co pelo recollido: como son as proporcións? É máis longo ou máis ancho? É a túa mandíbula máis ampla que a túa fronte?

Pendentes para rostros ovalados

Se tes o rostro ovalado estás de sorte, xa que calquera tipo de pendente che sentará ben. Tan só deberás fixarte na túa roupa e a ocasión na que levarás estas pequenas xoias.

Pendentes para rostros arredondados

Se tes o rostro arredondado, os máis axeitados son todos aqueles pendentes que son estreitos e longos.

Pendentes para rostros con forma de corazón

Se tes o queixo estreito prescinde de pendentes acabados en pico ou presta especial atención a aqueles pendentes finos e que se vaian ensanchando pola parte inferior. Desta maneira conseguirás equilibrar o conxunto.

Pendentes para rostros cadrados

Se tes o rostro cun aspecto máis cadrado, recomendámosche evitar os pendentes grandes ou de deseño anguloso. Uns aros iranche perfectos, xa que afinaran os teus rasgos, ademais tes a sorte de que che irán con calquera estilo e podes optar por moitos tamaños, incluso pendentes XXL.

Pendientes segundo o peiteado

Cun recollido onde vaias deixar mechóns soltos, decántate por uns pendentes curtos, xa sexan perlas, con brillantes ou formas. En cambio, se o teu recollido é tirante ou con floco ou perrera rectos, non o dubides, os pendentes longos serán o teu mellor aliado.

Que pendentes levar coa melena solta? Grandes e vistosos. Non te cortes!

Se tes un corte de cabelo a lo garçon favoreceranche uns pendentes pequenos.

Pendentes XXL: tendencia para as festas de Nadal

Atoparalos en calquera das nosas xoiarías,  e para calquera que sexa o teu estilo: con aires oitenteiros, de pedrería, brillantes, vintage…

Sabes que en todas as nosas xoiarías podes atopar moitísimas opcións? Atopa a túa xoiaría máis próxima no noso mapa de xoiarías.

Xa temos en marcha o noso sorteo de Nadal e unha peza de xoiaría pode ser túa. Participa para ter un Nadal brillante!