Colexio Oficial de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia | Colares e cadeas
294
page-template-default,page,page-id-294,cookies-not-set,ajax_updown_fade,page_not_loaded,,qode_grid_1300,footer_responsive_adv,hide_top_bar_on_mobile_header,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.0,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.4,vc_responsive

Colares e cadeas

Os colares e os seus colgantes son unha xoia perfecta para regalar ou regalarse. E é que é un complemento ideal para calquera situación, xa que encaixa con calquera estilo, podendo incluso transformar totalmente un look, pasando de casual a elegante e viceversa. Se estás pensando en agasallarte unha xoia, pensa nas posibilidades que ofrecen os colares e as cadeas.

Tanto se o colar ou a cadea é para ti como se é para un agasallo, o primeiro que debes valorar é o estilo da persoa destinataria. O segundo e máis importante é o longo da peza. Existen diferentes medidas que van desde o colo ata a zona do escote, e cada un ten a súa propia denominación e son axeitados para unhas prendas determinadas.

Como elixir a medida do teu colar o cadea?

Como comentábamos, á hora de escoller colares e cadeas de xoiaría, é moi importante fixarse no seu longo e no tipo de prenda co que se vai utilizar.

Un truco é medir o perímetro do colo da persoa que o vai poñer e engadir entre 5 e 10 centímetros. Esa será a medida mínima para esa persoa.

Se se trata dun colgante para agasallo, podes medir o colar ou cadea favorito desa persoa sen contar co peche.

Tipos de colares e cadeas

Colar

Medidas dun colar: arredor dos 35 cm.

Con que prendas levar un colar? Prendas de vestir con colo aberto, como colos de barco, escotes en V, ou prendas sen ombreiros.

Gargantilla

Medidas dunha gargantilla: arredor dos 40 cm.

                Con que prendas levar unha gargantilla? É perfecta para case calquera prenda.

Princesa

Medidas de un colar princesa: arredor dos 45 cm.

¿Con qué prendas levar un colar princesa? Calquera prenda senta ben.

Matinée

Medidas dunha matinée: arredor dos 50 cm.

Con que prendas levar unha matinée? Ideal para roupa de traballo ou con toques sport.

Ópera

Medidas deun colar ópera: arredor dos 55 cm.

Con que prendas levar un colar ópera? É perfecta para traxes de noite ou elegantes escotes longos.

Corda

Medidas dun colar corda: a partir dos 60 cm.

Con qué prendas levar un colar corda? Perfecta para unha noite elegante.

Que colar che favorece máis?

Existen varias zonas do corpo a ter en conta á hora de escoller o colar perfecto. Se vas agasallar un colar ou cadea de xoiaría fíxate nestes puntos para atinar.

A altura é un factor importante a ter en conta á hora de escoller correctamente un colar ou cadea. Se es unha persoa alta, é recomendable non utilizar colares ou cadeas curtas. Polo contrario, aplicariamos a regla inversa se es unha persoa máis ben baixa.

Se ademais tes o corpo voluminoso e queres disimulalo fuxe das medidas curtas. Se tes volumen no peito e de novo queres disimulalo non utilices pezas de máis de 45 cm.

Se o teu colo é longo e esbelto non deixes de fixarte nas gargantillas, posto que suavizan e acurtan visualmente. En cambio, se tes o colo curto ou ancho, decántate polas máis longas, que alongan e estilizan.

Escoller un colar segundo a forma do teu rostro

A forma do rostro é tamén un factor moi importante a ter e nconta á hora de escoller un colgante axeitado. Desta forma, evita as gargantillas cando a túa cara sexa tirando a redonda, aínda que se a tes alongada sentarache xenial.

Sabes que en todas as nosas xoiarías podes atopar moitísimas opción? Atopa a túa xoiaría máis próxima no noso mapa de xoiarías galegas.

Xa temos en marcha o noso sorteo de Nadal e unha peza de xoiaría pode ser túa. Participa para ter un Nadal brillante!