Colexio Oficial de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia | Bases Sorteo – Nadal 2018
4
page-template-default,page,page-id-4,cookies-not-set,ajax_updown_fade,page_not_loaded,,qode_grid_1300,footer_responsive_adv,hide_top_bar_on_mobile_header,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.0,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.4,vc_responsive

Bases Sorteo – Nadal 2018

A Federación Galega de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros (en adiante, Federación Galega), con CIF G-15086366 e sede na rúa Laverde Ruiz nº 6, baixo dta. – 15702 Santiago de Compostela, en colaboración co Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia (en adiante Coxga), con CIF: Q-1500321C e sede na rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2ºB – 15701 Santiago de Compostela, na súa campaña publicitaria e global de imaxe que terá lugar ao longo dos meses de decembro 2018 e xaneiro 2019, organiza un sorteo de seis xoias dirixido ao público maior de idade e potencial cliente dos profesionais colexiados, acción que se rexerá polo disposto nas presentes bases:

Bases

1º.- Duración

A presente acción levarase a cabo entre o sábado 15 de decembro de 2018 e o sábado 5 de xaneiro 2019, ambos incluídos, e o sorteo ante Notario terá lugar o mércores 16 de xaneiro de 2019.

2º.- Ámbito persoal

Poderá participar calquera persoa física maior de idade que cumpra o establecido nas presentes bases.

Os participantes deberán facilitar os datos solicitados no formulario de participación habilitado na web unnadalbrillante.es ou nos boletos repartidos polos establecementos participantes voluntariamente nesta actividade, a efectos de notificación en caso de ser premiado.

Non poderán participar na presente acción os colexiados, os titulares dos establecementos adheridos á promoción, os traballadores vinculados a eles ou á propia Federación Galega ou ao Coxga, nin os cónxuxes e familiares en primeiro grao de calquera destas persoas.

3º.- Gratuidade

Para participar no sorteo bastará con visitar a web www.unnadalbrillante.es ou os establecementos participantes nesta actividade divulgados nas webs www.fgxoieiros.es e www.coxga.es

4º.- Mecánica do sorteo

Poderase participar no sorteo de dúas formas, non excluíntes:

Primeira.- Participación mediante boletos repartidos polos establecementos adheridos á acción. Os interesados deberán cubrir os datos solicitados (nome, apelidos e teléfono) nos boletos de participación que estarán á súa disposición nos establecementos adheridos á acción, identificados co adhesivo da campaña, entregándoselles un boleto co número de participación correspondente á parte cuberta e introducida na urna do sorteo. Os boletos de participación estarán numerados dende 00001 ata 22.500 (ambos números incluídos).

Non serán tidos en conta para o sorteo os boletos incompletos.

Os datos dos gañadores serán incorporados ós ficheiros Concurso, titularidade da Federación Galega de Xoieiros e de Coxga, coa finalidade de proceder á entrega de premios…). Estes datos eliminaranse unha vez realizadas todas as entregas de premios. Os datos do resto de participantes no sorteo non serán incorporados a ningún ficheiro automatizado tratado pola Federación Galega ou Coxga, comprometéndose cada tenda á destrución de todos os boletos.

Os ficheiros Concurso encóntranse debidamente inscritos no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos, a nome da Federación Galega de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros e do Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia (Coxga).

Segunda.- Participación online. Os interesados deberán visitar a web www.unnadalbrillante.es e cubrir todos os campos do formulario, facilitando os datos que se soliciten no mesmo, e aceptar as bases do sorteo e o sistema de tratamento de datos de carácter persoal.

Os datos facilitados a través do formulario de participación pasarán a formar parte dun ficheiro informatizado no que se lle asignará a cada participante un número, dende o 22.501 (incluído) en diante.

Os datos facilitados a través do formulario de participación serán utilizados coa finalidade de realizar o sorteo e serán incorporados ó ficheiro Concurso, titularidade da Federación Galega de Xoieiros e de Coxga, encóntranse debidamente inscritos no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos, a nome da Federación Galega de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros e do Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia (Coxga). Estes datos eliminaranse unha vez realizadas as entregas de todos os premios.

O sorteo celebrarase ante notario o mércores 16 de xaneiro de 2019. A Federación Galega de Xoieiros e o Coxga presentarán ó Notario un ficheiro informatizado no que constarán todos os participantes online e o número de participación asignado ós mesmos. O resto dos participantes disporán dun boleto co número de participación, permanecendo as partes cubertas cos datos dos mesmos, nas urnas dos establecementos adheridos a esta acción. O Notario elixirá para cada premio mediante a extracción de bolas numeradas a un gañador e dous suplentes. O Notario deberá indicar a orde dos suplentes para que se recurra ós mesmos de forma ordenada. Comunicarase o resultado ós agraciados mediante comunicación directa, por teléfono ou correo electrónico así como publicación nas webs da Federación Galega (www.fgxoieiros.es) e do Coxga (www.coxga.es).

A entrega dos premios farase na data e no lugar que se deteminen e que serán convenientemente comunicados ós gañadores. Toda a información estará actualizada e dispoñible nas webs da Federación Galega (www.fgxoieiros.es) e do Coxga (www.coxga.es).

No caso de que os datos cubertos no boleto gañador ou no formulario online sexan erróneos e non se conteste á chamada telefónica ou ó correo electrónico aceptando o premio no prazo máximo de 5 días naturais desde a data do sorteo, o premio pasará ós suplentes elixidos ó efecto, que igualmente terán un prazo de 5 días naturais para aceptalo. En caso de non aceptar o premio no prazo sinalado, o premio quedará deserto.

A aceptación dos premios polos gañadores, supón a autorización para a Federación Galega e Coxga de utilizar os seus nomes e as súas imaxes con fins publicitarios do resultado do sorteo. Ditos datos poderán ser igualmente utilizados con fins publicitarios mediante a publicación do gañador en diferentes medios de comunicación, en www.fgxoieiros.es e www.coxga.es e noutros soportes con similares fins. O interesado poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por correo postal á Federación Galega de Xoieiros, na rúa Laverde Ruiz nº 6 baixo dta. – 15702 Santiago de Compostela ou ao Coxga, rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B – 15701 Santiago de Compostela (A Coruña), a través dun escrito asinado ao efecto e remitindo unha copia do DNI. Bases completas do sorteo en www.fgxoieiros.es e www.coxga.es

A Federación Galega e Coxga resérvanse o dereito de suspender, aprazar, prorrogar ou cancelar esta acción en calquera momento sempre que existan causas que, ao seu criterio, o xustifiquen.

5º.- Descrición dos premios

Os premios consisten en seis pezas de xoiaría:

  • Xoia 1: pulseira de ouro branco e cruz con brillantes
  • Xoia 2: conxunto de pendentes e colgante de prata de lei 925
  • Xoia 3: pendentes de prata de lei 925 e perla cultivada
  • Xoia 4: pendentes de prata de lei 925 dourada e ágatas
  • Xoia 5: anel de prata de lei 925 bañado en ouro rosa, con pedra lúa, labradorita e cuarzo vermello
  • Xoia 6: pendentes de prata de lei 925 bañado en ouro rosa, con pedra lúa, circonitas, labradorita e cuarzo vermello

Os premios non poderán ser obxecto de cambio, alteración ou compensación por parte do gañador.

6º.- Aceptación das bases e notas aclaratorias

Os participantes aceptan expresamente cumprir todas e cada unha das bases deste sorteo.

O incumprimento dalgunha das bases dará lugar á exclusión do participante do sorteo.

A Federación Galega resérvase a interpretación das presentes bases, prevalecendo o seu criterio en caso de que xurdiran dúbidas ou discrepancias.

As bases estarán dispoñibles para os interesados, durante o período en que estea vixente o sorteo, na oficina da Federación Galega e de Coxga, nas súas páxinas webs www.fgxoieiros.es e www.coxga.es e nos establecementos colaboradores. Excepcionalmente, de existir motivos xustificados, a Federación Galega poderá modificar as presentes bases unha vez comezado o sorteo, publicando as modificacións nos lugares citados. Todas as instrucións ou informacións publicadas ou que se publiquen durante a vixencia da acción, formarán parte dos términos e condicións do sorteo.

Para a resolución de calquera controversia que puidese existir en canto á interpretación ou aplicación das presentes bases, tanto os promotores como os participantes se someten expresamente á xurisdición e competencia dos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela, renunciando a calquera outro foro que puidese corresponderlles.

 

Asdo. en S. de Compostela, o 1 de decembro 2018

Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia

Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B – 15701 S. de Compostela (A Coruña) – 981 598 858 – info@coxga.es – www.coxga.es