Colexio Oficial de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia | Aneis
300
page-template-default,page,page-id-300,cookies-not-set,ajax_updown_fade,page_not_loaded,,qode_grid_1300,footer_responsive_adv,hide_top_bar_on_mobile_header,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.0,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.4,vc_responsive

Aneis

Os aneis son unha peza de xoiaría que sempre deberíamos ter nos nosos xoieiros. Dada súa versatilidade e posibilidades de uso son perfectos para case calquera ocasión.

Como elixir o anel perfecto?

Para escoller o anel axeitado para ti, debes ter en conta tanto a forma da túa man como a dos teus dedos e a súa lonxitude e grosor.

Como elixir o anel perfecto segundo a túa man?

Se as túas mans son pequena, os aneis con pedras redondas ou ovaladas sentaranche xenial, sempre e cando non sexan demasiado voluminosos. En mans grandes o máis axeitado son aneis voluminosos, grandes e espectaculares.

As pezas grandes xeran elegancia e feminidade. Se tes as mans maduras ou con manchas e queres disimulalas, podes decantarte por aneis grandes e voluminosos.

Como elixir o anel perfecto segundo os teus dedos?

Se tes os dedos longos estás de sorte xa que calquera tipo de anel che senterá fenomenal. Algunha idea: aneis grandes, aneis con pedras preciosas, perlas ou incluso aqueles que teñen figuras. Iso si, evita os aneis con formas redondas ou alargadas en exceso se o que queres é disimular a lonxitude dos teus dedos.

Se tes os dedos curtos, aplica a regla contraria: aneis con deseño alongado e vertical serán perfectos para ti.

Unha vez tes escollido o anel perfecto para ti ou para a persoa destinataria, o último e máis importante para coñecer a talla é acudir ao profesional máis próximo para que poda asesorarte dunha maneira personalizada. Se se trata dun anel para agasallo, podes medir o diámetro interno doutro anel que utilice habitualmente para poder consultar coa xoiaría.

Sabes que en todas as nosas  xoiarías podes atopar moitísimas opcións? Atopa a túa xoiaría máis próxima no noso mapa de xoiarías galegas.

X atemos en marcha o noso sorteo de Nadal e unha peza de xoiaría pode ser túa. Participa para ter un Nadal brillante!